Santana Camargo, Sebastián

Mañá vén meu tío / Sebastián Santana Camargo - 1ª ed. - Vigo : Galaxia , 2021 - 24 p. : il. b/n ; 16 cm

Galaxia publica un álbum infantil sobre o tema das desaparicións forzadas.
Está nas librarías de todo o país o álbum infantil titulado Mañá vén meu tío, de Sebastián Santana Camargo.
Un álbum diferente dun autor que é referencia no Uruguai e na Arxentina, de onde é orixinario Sabastián Santana Camargo, coma tantos, descendente dunha bisavoa galega. Este libro, que agora publica Galaxia, foi galardoado en 2015 como Mellor Álbum Ilustrado da Arxentina.

Cun tratamento gráfico delicado e minimalista, o autor consegue elaborar un relato tenro sobre a vida e os soños, sobre o seu cumprimento mais tamén sobre a frustración de quen agarda e quen ten que chegar non chega porque non lle deixan chegar.

O libro céntrase na ilusión dun cativo por ver ao seu tío, co que sempre xoga ao fútbol e a quen seus país dixeron que virá para quedar uns días. Nun tratamento narrativo no que case que non hai texto, vemos evoluir a vida do cativo ata a morte, a través da ilusión de ver ao tío. Un tío que non chega. Que nunca chega porque alguén o fixo desaparecer. Un libro para que os máis cativos da casa saiban que hai persoas que, por motivos ideolóxicos, son “desaparecidas” por quen non soporta ningunha clase de disidencia.

1º-2º Primaria

9788491517542


Desaparicións forzadas
Morte
Paso do tempo

82-N

Coa tecnoloxía Koha